Home » O GAME

O GAME

Código: GI-1883
Nome Corto: GAME
Nome Longo: Grupo de Análise e Modelización Económica
Departamento: Fundamentos da Análise Económica
Instituto: IDEGA

O Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME) inicia a súa andadura en 2002, baixo a coordinación de Melchor Fernández Fernández.
Adscrito ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), o GAME está formado por membros pertencentes na súa maioría ao Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que nunha decidida aposta pola multidisciplinariedade, colabora estreitamente con relevantes especialistas procedentes de organismos públicos ou privados de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

A Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia recoñeceu ao GAME pola súa investigación de excelencia e pola súa labor de grupo, co “Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas: Unidades de Transferencia” desenvolvido do 2007 ao 2010. Este programa ten como finalidade  promover a colaboración con outros grupos competitivos e mellorar a creación e difusión de investigación de alto nivel.