Home » Noticias » Roberto Bande, premio da AECR á mellor entrada de blog

Roberto Bande, premio da AECR á mellor entrada de blog

Roberto Bande Ramudo, membro do GAME, foi galardoado pola Asociación Española de Ciencia Regional (AECR) co premio á mellor entrada no blog La Riqueza de las Regiones neste ano 2014. O fallo fíxose público no marco da XL Reunión de Estudios Regionales celebrada en Zaragoza os días 21 e 22 de novembro.

La Riqueza de las Regiones é un blog promovido pola AECR para facilitar a difusión da investigación en Ciencia Rexional. Na súa curta traxectoria, de menos dun ano de vida, convertiuse no blog con maior número de visitas de todos os publicados polo grupo de comunicación Vocento, cun amplo impacto non só en España senón tamén en Latinoamérica.

A entrada premiada, co título ¿Por qué existe un patrón espacial Norte-Sur en el desempleo español? , foi publicada orixinalmente o día 22 de outubro de 2014, e presenta as liñas xerais e principais conclusións de diversos traballos sobre o patrón espacial do desemprego nas Comunidades Autónomas españolas realizados por Roberto Bande en colaboración con outros membros do grupo GAME ou con investigadores de outras universidades españolas e estranxeiras.

O xurado do premio tivo en consideración a calidade e relevancia da investigación recollida na entrada, así como o seu impacto, medido tanto polo número de visitas e comentarios a ela asociados como pola repercusión da entrada en diferentes medios de comunicación.

Deixa unha resposta