Home » Noticias » 2º Obradoiro do proxecto IMAGEN

2º Obradoiro do proxecto IMAGEN

Os próximos días 15 e 16 de setembro terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais da USC o segundo obradoiro do proxecto IMAGEN (Impacto MAcroeconómico de la discriminación de GÉNero). Este segundo obradoiro ten como obxectivo reunir a investigadores internacionais que traballan sobre xénero e mercado de traballo. Máis concretamente, neste obradoiro analizaranse detidamente as diferentes dimensións da desigualdade de xénero, tentando identificar as interrelacións entre elas e as súas consecuencias no mercado de traballo.

Podes atopar todos os detalles sobre o obradoiro aquí.